A igrexa de Santa María de Darbo non se podería entender, na súa máis pura esencia, se a desligamos da súa contorna natural-paisaxística, da arquitectónica-constructiva ou da cultural-antropolóxica: está enclavada nunha estructura natural coa que manten unha profunda simbiose; os elementos artístico-constructivos que a arrodean dan lugar a un adro que favorece a vida comunal da parroquia; cando este espazo se enche de humanidade para ver a tradicional danza, a comunión entre o home e o medio e entre o pasado e o presente dos tempos, estoupa nun carrusel de cores, músicas e aplausos ancestrais. Por iso, cando se fala de Santa María de Darbo hai que referirse ao conxunto que a arrodea: a natureza, a arte e ao home.
A natureza foi dadivosa
co conxunto de
Darbo, que está situado na
vertente oeste do
pequeno Val do
mesmo nome, na aba leste dos Montes de
Varalonga e do
outeiro de
Seixo.
Dende esta posición domina todo o
espazo afundido, que aparece
protexido do norte e do
nordés polos picos
Gatica e
Castelo, este último lugar de
asentamento do desaparecido
Castelo de
Darbo; polo leste pechan a
depresión dúas serras:
ao norte a de
Nacente e cara o sur a de Poniente,
coroada pola hermida de San Roque. O sur queda
aberto ao mar da Ría de
Vigo e por el busca fácil
saída, debido á inclinación da
valgada cara o mar, o Río do Postillón, que nace nos Montes de
Varalonga,
percorre o
val de norte a sur e verte
humildemente as
súas augas na
Enseada de
Entremiños. A
altitude media das
terras do
val ronda os 50 m. sobre o nivel do mar, que
ao estar
protexidas dos
ventos do norte, do leste e do suroeste e orientadas cara o sur permiten a
xeración dun microclima local,
encadrado dentro do
clima oceánico húmido con
temperaturas medias de 9,7º C en
xaneiro e 19,5º C en
xullo complementado cunha pluviometría de 1.515 mm.,
moi favorable para a agricultura e para o
desenvolvemento dunha exuberante
vexetación.
Dende unha perspectiva
xeolóxica os
materiais predominantes en
Darbo son o
granito alcalino de dúas micas e os
granitos e granodioritas biotíticos, sobre eles, e
dende un
plantexamento edafolóxico,
depositanse limos,
arxilas, e gravas
cuaternarios procedentes da
disgregación e alteración dos granitos anteriores, que
rechean a vaguada
orixinal xerando solos de
certa potencia e que
xunto coas variables climáticas, dan lugar a
vizosas veigas. A
vexetación actual está
moi alterada
pola acción
antrópica, plasmada na
introdución de especies de
crecemento rápido coma o eucalipto (
eucalyptus globulus)
ou o
piñeiro (radiata e
pinaster), que
probablemente substituiron a
pequenas formacións de
perennifolias-
estivifolias:
carballos e
rebolos nos bordes do
val coa serra, e de
salgueiros,
vidueiros e
amieiros nas
ribeiras do Río do Postillón...
|
O Pico Garita dende a frondosidade do Val de Darbo (Cangas do Morrazo) |
A arte adquire a súa carta de identidade coa serea monumentalidade da igrexa parroquial, a presencia da arquitectónica fonte e a altivez do cruceiro que abre as portas ao espazo sacro.
A construción eclesiástica é unha mostra orixinal do barroco rural galego. Construída durante os séculos XVII e XVIII como sustituta do templo anterior, que probablemente fora románico e do que non se conserva ningún resto despois do incendio durante o cruento ataque dos turcos de 1617. O edificio actual presenta a maioría das características propias do estilo contrarreformista de Trento aínda que cunhas singularidades que a converten nun exemplo especial da época.
|
Igrexa de Sta. Maria de Darbo. |
A planta é de cruz latina con brazos curtos, circunstancia que case rememora as plantas de salón góticas, se non fora pola presenza dunhos muros de granito grosos e pesados e pola práctica ausencia de vanos, que acentúa a sensación de solidez e fortaleza da fábrica. As liñas rectas das paredes e o corte xeométrico do plano, no que sobresaen os cadrados, rectángulos e círculos, reducen en gran medida a posibilidade de movemento típica da arquitectura barroca, que o crea coa presencia dos trazos quebrados, ondulados e os efectos de claro-oscuro, pero lle transmiten ao deseño unha impresión de armonía , proporcionalidade e equilibrio. O espazo acotado polo plano cúbrese cunha
bóveda de medio canón sobre a nave e unha cúpula semicircular sostida con
pechinas sobre o
transepto.
A fachada presenta unhos ingredientes aparentemente máis barrocos. Está dividida en tres rúas; a central, claramente máis ancha cas laterais, acolle a portada enmarcada por pilastras adosadas de estría morta que soportan un finxido tímpano con duas volutas; enriba da portada sitúase unha escultura da Nosa Señora de Darbo flanqueada por dous vanos polilobulados e todo o conxunto coroase cun frontón semicircular rematado por unha moldura ancha, que lle da profundidade e volume, dúas caracolas laterais e unha cruz central que intensifican o sentido de ascensionalidade do corpo principal; as rúas laterais están delimitadas por dúas pilastras adosadas de fuste liso con moldura acasetonada cada unha, a altura destas é superior ás da portada e sosteñen dous campanarios cubertos por cúpulas cónicas que aportan unha maior estilización á fachada.
Os elementos decorativos a base de curvas, onduladas e quebradas xunto coas solucións arquitectónicas da fachada crean un efecto de luz e sombra e resaltan a intencionalidade ornamental; paralelamente os motivos decorativos e as pautas da súa distribución xunto á estructura do pano da fachada fálannos de reminiscencias lusitanas e indianas.
O home é o outro gran protagonista en Santa María de Darbo; e unha das manifestacións do seu protagonismo no contorno é a danza e contradanza de Darbo, que sintetiza en movemento e ritmo a simbiose entre natureza e arte.
Facerse preguntas sobre as orixes da danza de Darbo é, por unha banda, situarse nun terreo complicado e descoñecido e, pola outra, remontarse á prehistoria da humanidade, que nos recorda con multitude de representacións dancísticas na arte rupestre que esta manifestación artística xa existía nos albores da humanidade e que formaba parte dos seus rituais máxico-relixiosos. A danza mantén a súa vitalidade nas culturas exipcia, mesopotámica, oriental e clásica coas mesmas intencionalidades que na prehistoria.
Na Península Ibérica os pobos prerrománicos, segundo o que nos conta
Estrabón, bailaban nas noites de plenilunio arredor do lume a un deus descoñecido. Máis tarde, coa conquista romana, estes pobos asimilarón as danzas licenciosas e frívolas latinas, pero sin esquecer nunca as indíxenas. Poderíase dicir que a influencia romana produciu a primeira regulamentación da danza na Iberia.
|
Un movemento da danza de Darbo. |
Ao mesmo tempo que as danzas de carácter máxico-relixioso desenvolveronse danzas de natureza guerreira e fúnebre, que se utilizaban como preparación para a batalla e como despedida final ao veciño ou ao heroe da comunidade respectivamente.
A cristianización durante o Baixo Imperio contribuíu ao enriquecemento do acervo cutural da danza coa introdución de variantes novas de bailes, pero ao non ser quen os sacerdotes de suprimir as indíxenas permitiron a súa introducción nos templos. Por iso, xa no século VIII ou Alta Idade Media, San Basilio, percibindo a importancia que adquirira a danza nas comunidades sociais, louba a interrelación danza-relixión e admítea como parte das liturxias sagradas.
Na baixa Idade Media constátase unha enorme influencia árabe en case todas as danzas tradicionais da Península. Tanto é así que moitos autores afirman que todas as danzas de cintas ou cordóns teñen esta procedencia, que se mantén durante os séculos XVII e XVIII en todo o territorio peninsular. Desta época proceden as danzas cortesanas, que se bailaban nos castelos, pazos e casas señoriais da nobreza e fidalguía galegas e que o pobo llano trataba de imitar ou ridiculizar, segundo os casos. Estas pezas bailables reciben o nome de farsas e desenvólvense por Castela, León, Cataluña e Galicia. A súa interpretación está baseada no refinamento, na pausa, na galantería e na cerimonia, actitudes que nos recordan a vida pacega e á que non era allea a xurisdición do Morrazo na época moderna.
Estas circunstancias históricas suxiren que non sería moi atrevido imaxinar as raíces da danza de Darbo no contorno socio cultural descrito.