Parece que a empresa española Repsol vai aumentar a súa producción de petróleo no Mar Mediterráneo frente ás costas de Tarragona. Esta é a noticia que se publica hoxe no diario El País.
Se a noticia é correcta, poderase aumentar a produción, de por sí, cativa. España produciu en 2003, segundo Tecnociencia, 316 millóns de toneladas, valor que non acada nin o 0,5 % do consumo anual do Estado Español, que, como sabemos, importa o 99,5 % do petróleo que consume de países como Nixeria, México, Libia, Arabia Saudí, etc.Polo tanto, aínda que a noticia é de valorar, a súa incidencia no mercado nacional do petróleo vai ser moi pequena. Pero constata tamén que esa zona da costa tarraconense é a que oferta máis indicios de agochar petróleo nas súas profundidades de todo o territorio peninsular
Ningún comentario:
Publicar un comentario