|
Xosé Cid , estatua de Breogán, na Coruña. |
Xosé Cid Menor naceu no pobo ourensán de
Calvos da Rabeda o 4 de agosto de 1946. Cursou estudos primarios na escola do seu pobo natal e dende moi xoven comenzou a súa actividade artística, con esculturas e releves en barro e madeira. Plenamente autodidacta, sigue a estela deixada polos membros do grupo
O Volter e forma parte da que se podería denominar como "segunda xeración do grupo activo ourensán". Acedeu ao panorama escultórico a comenzos dos anos 70 do século pasado a través das Bienais pontevedresas, participando nos anos 1970, 72 e 74, e nas súas derivacións como a Trienal de Santiago de Compostela, na que gaña a terceira medalla.
A pesar do seu autodidactismo, Cid recordanos os traballos de
Buciños, xa que traballa con gran facilidade e gran pureza de composición as formas e os volumes, aos que complementa cunha pátina exterior de grande suavidade e brillo, suprimindo deste xeito as rugosidades excesivas das aristas propias do contorno escultórico e dándolle á obra unha apariencia íntima e persoal.
Os seus modelos están sacados do contorno do artista, son seres, cousas, circunstancias que non son alleas a nós, vémolas a diario na nosa casa, no campo, na aldea, na cidade, no traballo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario